Elecciones generales 2023, 23 de julio de 2023

BNG

Programa electoral BNG 2023 (Manifesto Project) · Ficha del partido

27fragmentos 1promesa

Ver el programa (PDF) Web del partido Texto del Manifesto Project (WZB Berlín)

Bloque Nacionalista Galego (BNG) (2023). Programa electoral BNG 2023 (Manifesto Project). Elecciones generales del 23 de julio de 2023. Texto en Manifesto Project (WZB).

Lo que promete

Cada promesa se asigna a uno de los Compromisos Macro. En petróleo, las que protegen a los animales; en terracota, las que van en su contra.

  1. A favor Reducir la captura accidental de fauna marina

    «Desenvolvemento de labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e coas directivas europeas.»

    Concreta

Lo que dice sobre animales

  1. Núcleo: fauna silvestre y especies
  2. - Desenvolvemento de plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas, procurando a súa compatibilidade coas actividades económicas e sociais tradicionais.

  3. - Limitación e control estrito da importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e potenciación dos ciclos pechados para a produción de especies autóctonas e a repoboación como método de recuperación de recursos.

  4. - Posta en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras.

  5. - Desenvolvemento de labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e coas directivas europeas.

Otros fragmentos relacionados

Medio ambiente, caza, ganadería o mundo rural: no hablan de animales directamente, pero les afectan.

  1. Periféricas: ganadería y pesca como sector
  2. Apartado «c) Agro e pesca» del capítulo 7 «A economía ao servizo das maiorías sociais».

  3. Periféricas: ganadería y pesca como sector › Sector Agrogandeiro
  4. As políticas estatais e comunitarias someteron o sector agrogandeiro galego a un profundo proceso de reconversión, o que supuxo unha perda significativa de emprego e de capacidade produtiva, provocando o despoboamento do medio rural. O BNG acredita no futuro do noso rural mediante políticas que apoien a rendibilidade da produción leiteira, da agro-gandeira e da industria transformadora, que fomenten os circuítos curtos de comercialización e de transformación por parte das persoas produtoras e que aposten pola produción diferenciada e de calidade.

  5. En concreto o BNG traballará para:

  6. - Exixir unha reforma da Lei da Cadea Alimentaria para impedir a venda por baixo dos custos de produción, que se facilitaría incluíndo referencias obxectivas para condicionar os prezos que reciben produtores e produtoras.

  7. - Defensa dunha PAC axeitada á realidade produtiva do noso Sector Primario, como pode ser a incorporación de novos ecoesquemas ou a revisión da superficie admisíbel nos pastos arbustivos.

  8. - Derrogación, adaptación ou suspensión para o territorio galego do RD 1051/2022 de Nutrición Sustentable dos Solos.

  9. - Apoio aos circuítos curtos de comercialización e de transformación por parte das propias persoas produtoras e aposta pola produción diferenciada e de calidade.

  10. Periféricas: ganadería y pesca como sector › Sector pesqueiro
  11. A Galiza é a primeira potencia de Europa no complexo mar-industria. Porén, o feito de seren outros —Madrid e Bruxelas— os que deciden por nós prexudicou e continúa a prexudicar gravemente a nosa frota pesqueira e a súa actividade derivada. Precisamos que sexa a Galiza a que negocie directamente os tratados pesqueiros con terceiros países.

  12. No inmediato, o BNG reclama:

  13. - O recoñecemento da Galiza como "zona altamente dependente da pesca".

  14. - A revisión do chamado "principio de estabilidade relativa" para garantir unha distribución equitativa e axustada ás capacidades produtivas da Galiza.

  15. - O recoñecemento da capacidade directa de negociación da Galiza, a súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira, nomeadamente, na reforma ou na revisión da PPC.

  16. - A negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector.

  17. - A exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas.

  18. - A redución do IVE aos produtos pesqueiros.

  19. - A necesidade de que a Galiza fique libre de eólica mariña e da minaría submarina, nomeadamente nas Áreas Mariñas Protexidas e nas Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galiza frente ás costas galegas.

  20. - O estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima e pesqueira, desde a transferencia das competencias dos portos de interese xeral do Estado, Salvamento Marítimo, navegación marítima e mariña mercante, investigación oceanográfica (IEO), inspección de buques, dominio público marítimo e marítimo-terrestre e mar territorial, así como o traspaso de funcións e servizos da Administración xeral do Estado á Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral etc.

  21. - O saneamento integral e a rexeneración ambiental e produtiva das rías galegas.

  22. - Evitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio, Garda Civil e funcionarios da UE), concentrando esa función no corpo de Gardacostas de Galiza.

  23. - A implantación inmediata das medidas incluídas nas emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira sobre:

  24. - Elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais propias dos traballadores e traballadoras do mar, nomeadamente mexilloeiros, mariscadoras e mariscadores, percebeiros e mergulladores para a recolección de recursos específicos.

  25. - Voto dos tripulantes embarcados en altura e grande altura.

  26. - Convenios colectivos que garantan condicións laborais dignas para os tripulantes de pesca de altura, grande altura e litoral.

Otros programas de BNG

Fragmentos extraídos y codificados por AnimaNaturalis. La página enlaza al programa original o a nuestra copia archivada. ¿Falta algo o hay un error? Escríbenos.

Firmar el decálogo

Fuente: